jueves, 18 de junio de 2015

Recomendacións para o verán

Co período vacacional, deixamos unhas pequenas recomendacións para traballar e repasar os contidos do curso. Creemos que repasar as áreas instrumentais é fundamental para non olvidar os coñecementos adquiridos,concretamente  cálculo,  lectura e escritura.
Para traballar  cálculo recomendamos que fagan contas, que repasen las táboas de multiplicar, que fagan series, etc. O ideal serían 4 ou 5 contas variadas cada día.
No referente a la lectura, no tiene por qué ser un acto solitario, debe ser comentada, así axudaremos a nenos e nenas  a comprender o texto, a debater e a escribir sobre lo lido. @s propi@s ne@s deberían escoller as súas lecturas vacacionais, sendo nos os que vixiemos que sexan apropiadas para el@s.
Ao traballar a escritura teremos en conta, a claridade e que sexa lexible ,orde ,márxenes, limpeza e la faltas ortográficas. Propoñemos actividades de copiado, ditado e escritura libre.Esta última, traballarémola a partir da lectura, propoñéndolles que fagan resumos, que expliquen as razóns polas que o libro lle gusta ou non …

Poden usar un ordenador, como sabedes é unha gran ferramenta para aprender xogando.
Aquí tedes enlaces de interés para traballar as distintas  áreas.

 Nestas páxinas teñen  libros de 1º de ESO para que poidan ir familiarizandose coas novas  materias e contidos.

lunes, 11 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Ao longo desta semana celebraremos no noso centro unha "SEMANA CULTURAL" coa que conmemoraremos o día das Letras Galegas adicado este ano a Filgueira Valverde.
En primeiro lugar faremos actividades que nos leven a coñecer quen foi o "vello profesor".
Presentación
Ficha do autor
Museo de Pontevedra
"A moza que fai frores"



Por outra banda visionaremos curtas que favorezan a continuación actividades que fomente o uso da lingua galega tanto a nivel oral coma esxrito.
Para comezar :

Cousas do Kulechov

jueves, 30 de abril de 2015

Meteoroloxía e prensa.

Cada semana recollemos na prensa noticias relacionadas co tempo e analizamos distintos aspectos delas según o curso e a idade. Este é un exeplo dun traballo feito coas mesmas durante a semana da prensa.

Traballo realizado por alumnado de 4º

jueves, 23 de abril de 2015

O Pontevedra CF na escola

Dous xogadores do Pontevedra CF e a súa presidenta Lupe Murillo visitaron o venres 17 de abril o CEIP Isidora Riestra.
Invitáronnos a acudir a Pasarón a ver os seus últimos partidos, moi importantes para congeguir o ascenso a 2º B. Repartiron  entradas e fichas de inscripción para probas para xogar no Pontevedra.
Contestaron amablemente a todas as nosas preguntas, firmaron unha foto da plantilla para cada un e fixeron fotos con nós.
Agradecémoslles a súa visita,desexámoslle sorte. ¡¡Non faltaremos aos partidos!!


                           

Mario ataviado coa equipación do equipo
                                           


Coñece o teu concello

O Concello de Poio está a organizar actividades para os escolares coas que se pretende que nenos e nenas coñezan mellor o seu contorno.
O alumnado de 6º tivo a oportunidade de visitar a Área Arqueolóxica da Caeira.
A actividade consistiu nunha breve parada nas instalacións de Casal de Ferreiros onde vimos un video sobre a época na que se fixeron os Petroglifos para despois subir ata A Caeira e recorrer os mesmos ademais de disfrutar das vistas.


martes, 24 de marzo de 2015

Rochas e minerais

As rochas son os materiais, sólidos e inertes que forman a xeosfera e están compostas por minerais.
Hai rochas formadas por un so mineral como o mármore ou por varios como o granito.
Nos seguintes enlaces podedes saber algo máis sobre elas.

Discovery
Rochas e minerais
E algúns para practicar.
Actividades Tic
Recursos Tic sobre as rochas
http://chiscos.net/almacen/lim/xeosfera/xeosfera.html

jueves, 12 de marzo de 2015

MUY GRACIOSA ES LA DONCELLA

Hoy hemos leído y  recitado una selección de poemas que LA VOZ DE LA ESCUELA considera lo mejor de la poesía española . De la selección que allí se presentaba hemos escogido MUY GRACIOSA ES LA DONCELLA para trabajar: Medir versos, rima, temática,...


Muy graciosa es la doncella,
¡cómo es bella y hermosa!

Digas tú, el marinero
que en las naves vivías,
si la nave o la vela o la estrella
es tan bella.

Digas tú, el caballero
que las armas vestías,
si el caballo o las armas o la guerra
es tan bella.

Digas tú, el pastorcico
que el ganadico guardas,
si el ganado o los valles o la sierra
es tan bella.


               Gil Vicente


En el siguiente enlace escuchamos además el poema musicado

lunes, 9 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

A semana do 9 ao 15 de marzo celébrase a semana da prensa. O equipo de biblioteca do cole preparou unha exposición con diferentes xornais e revistas.

Cada día da semana faremos polo menos unha actividade relacionada con esta temática.

LUNS: Visitamos a exposición e analizamos as partes dunha noticia: titular, subtitular, corpo da noticia, pé de foto,...



MARTES :   Prensa dixitalFUTBOL GAÉLICO analizaremos a noticia publicada na Voz de Galicia sobre este deporte xa que  está moi presente no noso cole neste momento porque estamos a practicalo para a celebración de San Patrick o vindeiro 17 de marzo.
MÉRCORES: como cada semana lectura da prensa na aula, análise das publicacións do suplemento LA VOZ DE LA ESCUELA e realización de algunha das actividades que se propoñen no mesmo.
XOVES: Analizaremos individualmente noticias coas que faremos traballos que despois presentaremos ao concurso MELLOR XORNALISTA INFANTIL convocado pola voz de Galicia.
VENRES:  Para relacionar máis estreitamente estas actividades co currículo faremos as actividades que o libro de texto de Lingua Galega nos propón.



jueves, 5 de marzo de 2015

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Sorprendida quedou hoxe Tania cando ao inicio da súa charla sobre "Prevención de drogodependencias" preguntou ao alumnado se coñecían algunha droga e estes comezaron a enumerar.
Falou de drogas máis e menos duras, legais e ilegais, dependencia, sobredoses, tolerancia,....

 

Aproveitamos a súa visita para comentar as noticias publicadas ese mesmo día no xornal LA VOZ DE GALICIA que abordaban a mesma temática:

El 36 % de los nuevos consumidores de cannabis son menores

A la ONU no le gusta la legalización del cannabis


martes, 3 de marzo de 2015

II certame de poesía do CEIP Isidora Riestra



CONVIDÁMOSVOS A PARTICIPAR!!!

Concurso relato curto FANPA

FANPA promove a 3ª edición do concurso de relato curto co que pretende  fomentar a creatividade, estimular o uso do galego e potenciar e expresión escrita entre outros.
Varios dos nosos alumnos e alumnas participaron no mesmo.
Desexámoslle moita SORTE e  senon, xa sabedes... a seguir escribindo porque  escritor é o que escribe.

domingo, 15 de febrero de 2015

Entroido 2015






Este ano no que como xa falamos se conmemora o ano Internacional da Luz, esta foi a temática do noso entroido e como non podía ser menos esta foi a temática do noso entroido.





Os de 6º ELECTRICISTAS AO RESCATE .Seguindo coa nosa política de reciclaxe os cascos fixémoos con papel de periodico.







 

 
 


 

martes, 10 de febrero de 2015

SAVE THE CHILDREN

Coa carreira pola Paz organizada por SAVE THE CHILDREN rematamos os actos cos que conmemoramos o Día da Paz.
Reportaxe gráfico onde podemos ver  como nos preparábamos, algúns momentos da carreira, e, o cansancio de aqueles que o deron todo.