lunes, 9 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

A semana do 9 ao 15 de marzo celébrase a semana da prensa. O equipo de biblioteca do cole preparou unha exposición con diferentes xornais e revistas.

Cada día da semana faremos polo menos unha actividade relacionada con esta temática.

LUNS: Visitamos a exposición e analizamos as partes dunha noticia: titular, subtitular, corpo da noticia, pé de foto,...



MARTES :   Prensa dixitalFUTBOL GAÉLICO analizaremos a noticia publicada na Voz de Galicia sobre este deporte xa que  está moi presente no noso cole neste momento porque estamos a practicalo para a celebración de San Patrick o vindeiro 17 de marzo.
MÉRCORES: como cada semana lectura da prensa na aula, análise das publicacións do suplemento LA VOZ DE LA ESCUELA e realización de algunha das actividades que se propoñen no mesmo.
XOVES: Analizaremos individualmente noticias coas que faremos traballos que despois presentaremos ao concurso MELLOR XORNALISTA INFANTIL convocado pola voz de Galicia.
VENRES:  Para relacionar máis estreitamente estas actividades co currículo faremos as actividades que o libro de texto de Lingua Galega nos propón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario