miércoles, 21 de enero de 2015

Meteorologando


O plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan de xeito paralelo as competencias e a educación en valores. Dentro destes atópase o programa METEOESCOLASno que está inscrito o  CEIP Isidoora Riestra .
Por esta razón temos instalado no recinto escolar, e provisionalmente mentras construímos unha caseta meteorolóxica, un PLUVIOMETRO e un TERMÓMETRO cos que cada día recollemos datos que despois trasladaremos a un CLIMOGRAMA.
Ademais disto estamos a realizar outras actividades moi variadas e todas elas relacionadas co tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario